Outros Proxectos

COMPOSTELA SWING AND MANOUCHE JAM SESSION

Organizado por David Regueiro, un xoves ao mes na Casa das Crechas, diferentes bandas ou artistas convidad@s, abren cun pequeño concerto seguido dunha jam session.

DAVID REGUEIRO QUARTET

Cando souben que Carlos Sabrafén viña vivir a Galiza, o primeiro que fixen foi levarlle a miña vella Gibson 175 para facerlle unha serie de cambios bastante delicados. Así foi como nos coñecimos persoalmente. Conectamos de seguida. Pouco despois, Carlos comezaba co deseño da súa guitarra de jazz “Maruxa” e pediume que pasara polo seu obradoiro para darlle a miña opinión sobre as diferentes innovacións que ía implementando no instrumento. Era unha guitarraza xa desde o primeiro momento. Tempo despois, tiven a honra de presentar o primeiro prototipo de “Maruxa” en Allariz, vila onde mora actualmente o luthier.

A comezos do 2020 chamoume Carlos Airas Cota, o seu socio, para explicarme o proxecto no que estamos inmersos e preguntarme se estaba interesado. Imposíbel non o estar: Carlos Sabrafén faría unha guitarra de jazz con madeiras galegas e inspirada en Galiza para min, e eu presentaría o instrumento con 10 actuacións en diferentes concellos do Camiño de Santiago. A miña resposta xa a podedes imaxinar… Uns días máis tarde púxose en contacto comigo Luis Risco, da Fundación Vicente Risco -que facilitou toda a parte técnica- e tivemos a primeira reunión. Xuntos desenvolvimos o deseño do proxecto: gravar un disco de temas orixinais inspirados en Galiza a cuarteto de jazz e presentalo nas 10 actuacións das que falara Carlos Airas coa nova guitarra de Carlos Sabrafén.

Pablo Castaño: Saxo
David Regueiro: Guitarra
Alfonso Calvo: Contrabaixo
Sergio González: Batería

LOW BAY HOT BAND

Banda de “Hot Jazz” das Rías Baixas.

Con diferentes influencias que van desde a música de Nova Orleans, o Blues e o Ragtime, ao Swing Europeo; interpreta un repertorio de standards de jazz clásico, cancións do “American Songbook” e composicións de diferentes autores como Louis Armstrong, Sidney Bechet ou Django Reinhardt.

Dispoñíbeis para actuacións en espazos pechados (auditorios, salas, etc) ou abertos (tamén como “Marching Band”)

Formación desde trío até septeto (David Regueiro: banjo)

Contrafaces

Tiven o grande privilexio de facer a banda sonora deste fantástico (anti)documental.

DAVID REGUEIRO ORGAN TRIO

Na tradición dos «Hammond Trios» dos anos sesenta, David Regueiro Organ Trio recompila un repertorio que consiste en temas orixinais, standards de jazz, temas de rock psicodélico e melodías de soul e funk.

O enfoque do trío é moi orgánico, deixando un gran espazo á improvisación co swing e o groove como elementos condutores.

David Regueiro: Guitarra
Ricardo Moreira: Órgano Hammond
Noli Torres: Batería

ALÊM

ALÊM é o primeiro proxecto musical conxunto entre David Regueiro e Ismael Cabaleiro. A banda compostelá está formada por un dúo de guitarra e violín que fusiona folk e rock progresivo, con influencias do jazz e da música clásica.

A relación entre os integrantes iniciouse no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde David era profesor. Ismael comezou a achegarse ás súas clases como ouvinte, e a partir dese momento emprenderon colaboracións mutuas, sempre centradas en bandas de jazz e jazz manouche. A súa intención é transcender eses estilos musicais para ofrecer unha proposta creativa máis ampla que agrupe diversas disciplinas artísticas. A extensa traxectoria de ambos os músicos, xunto coa súa versatilidade, permiten que ALÊM sexa un proxecto fresco, innovador e ambicioso.

ISMAEL CABALEIRO TRIO

INTRES é un traballo do violinista Ismael Cabaleiro dedicado a Stephane Grappelli. Está acompañado de David Regueiro no contrabaixo e Daniel Casares na guitarra. Xuntos exploran as posibilidades das cordas, inspirándose no grupo de Grappelli xunto ao guitarrista Martin Taylor.

Este disco componse de 7 temas orixinais de Ismael, realizados entre Febreiro e Abril de 2022 especialmente para esta formación. As pistas 1, 3 e 6 buscan recrear o estilo do violinista francés dunha forma máis obxectiva, mentres que as pistas 2, 4, 5 e 7 mestúranse máis coa personalidade do autor e os músicos que as tocan.

O disco foi mesturado e masterizado por David Regueiro.

Ismael Cabaleiro: Violín
Daniel Casares: Guitarra
David Regueiro: Contrabaixo

JUYMA ESTÉVEZ TRIO

David Regueiro: Guitarra

Juyma Estévez: Contrabaixo e Composición

Noli Torres: Batería