Biografía

Uno de los guitarristas de Gypsy Jazz más prominentes de la Península Ibérica

David Regueiro, con máis de quince discos editados, é un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes da Península Ibérica.

Co seu trío presentou en 2020 “Areal”, un álbum conformado por nove composicións propias ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.

En xaneiro de 2021 presentou “O CAMIÑO”, un novo disco integramente de composicións orixinais para o que se acompaña de Pablo Castaño (saxo), Alfonso Calvo (contrabaixo) e Sergio González (batería). Neste novo traballo explora outras correntes do jazz inspiradas na música galega, levando un paso máis aló a carreira deste xenial guitarrista. Todas as músicas deste novo traballo foron interpretadas coa guitarra “Maruxa”, unha peza deseñada e construída especialmente para este proxecto polo luthier Carlos Sabrafén.

No 2023 presentará “PERFECT MATCH”, o seu novo disco integrado por composicións e arranxos orixinais, co seu trío e con ALEXANDRE CAVALIERE, o violinista de referencia neste estilo a nivel internacional. Este traballo mostra a madurez compositiva de Regueiro, desenvolvendo una voz propia e marcadamente orixinal dentro do jazz manouche.

David Regueiro realizou estudos de Guitarra, Educación Musical, Historia e Ciencias da Música en diferentes conservatorios (Ourense, Salamanca e A Coruña) e universidades (Complutense de Madrid, Salamanca e Royal Holloway de Londres). Tamén recibiu clases dalgúns dos músicos con máis traxectoria a nivel internacional: Samson Schmitt, Brady Winterstein, Mozes Rosenberg, Adrien Moignard, Joaquín Chacón, Abe Rábade, Paco Charlin, Albert Sanz, Peter Bernstein, Logan Richardson, Steve Brown, Philip Catherine, etc.

Ten tocado en Portugal, Alemaña, Reino Unido, Francia ou Holanda, ademais de nas salas e festivais máis importantes do Estado.

Gañador do «PREMIO MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2023» na «Categoría JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS»

Finalista nos «PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2021» na «Categoría JAZZ»

David Regueiro toca JWC Guitars, feitas a man en Gran Bretaña.

Acerca de David Regueiro

La guitarra de Regueiro suena ágil en su improvisación, con fraseos bien articulados

Pachi Tapiz (Tomajazz)

Fraseo espectacular […] ganas de hacer saltar por los aires todo convencionalismo

Cándido Querol (B-Ritmos)

David Regueiro con sus amigos, ha hecho un disco realmente bonito, pero bonito de en el sentido literal de la palabra

José Miguel López (Discópolis RNE)

Un resultado verdaderamente delicioso […] Un salto cualitativo en la carrera de David Regueiro […] Los arreglos están hechos con muchísimo gusto. Es un disco que se saborea y se disfruta de principio a fin

Sergio Cabanijazz (Universos Paralelos)

Regueiro es un especialista, y un estudioso, del jazz manouche […] un ejemplo más de la vitalidad que despliega ahora mismo el jazz gallego

Jaun Ez (Distrito Jazz)

La obra de gente valiente […] Galicia tierra de jazz

José Manuel Pérez Rey (Distrito Jazz)

Hot jazz by definition. Uplifting swing

All About Jazz (Michael Ricci)

David Regueiro es un músico versátil […] mira hacia el jazz manouche sin complejos […] tiene experiencia y desparpajo para «swinguear» a lo Django y conseguir al mismo tiempo que su música suene eficazmente moderna.

Las complejidades compositivas de Bird, suenan increíbles en las intervenciones de la guitarra de Regueiro

Félix Amador Gálvez (Jazz, ese ruido)

A execução à guitarra de David Regueiro é muito bem conseguida e apoiada por uma sólida seção rítmica

Nuno Marinho (Jazz.pt)