David Regueiro Trio
O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.
David Regueiro trío presentou en 2020 “Areal”, un álbum conformado por nove composicións propias ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.
No 2023 presentará “PERFECT MATCH”, o seu novo disco integrado por composicións e arranxos orixinais, co seu trío e con ALEXANDRE CAVALIERE, o violinista de referencia neste estilo a nivel internacional. Este traballo mostra a madurez compositiva de Regueiro, desenvolvendo una voz propia e marcadamente orixinal dentro do jazz manouche.
David Regueiro Trio son:
- David Regueiro: Guitarra solista
- Gonçalo Mendonça: Guitarra rítmica
- Juyma Estévez: contrabaixo
Aquí vai o primeiro adianto do que será o noso vindeiro disco:
“DAVID REGUEIRO TRIO feat. ALEXANDRE CAVALIERE – Perfect Match!”
A música chámase “Elsa” e está adicada á miña nai.

